jueves, 1 de noviembre de 2018

Outono


O pasado 23 de setembro, comezou unha nova estación do ano: o Outono, malia que no tempo non o parecía, as follas no chan e os froitos desta época  déronnos a nova.


Os nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil aproveitamos unha fin de semana e fomos recolectar produtos desta época do ano ao campo coas nosas familias.

Grazas a estas saídas levamos á clase:


 
Follas, castañas e ourizos de castiñeiros

Follas e noces de nogueiras

Follas e figos de figueiras

Follas e uvas da vide
Follas da árbore e caqui

  
Follas e landras dos carballos, mazás, piñas e millo.


O froito do outono que tivo máis éxito foi o MILLO, Bruno que é todo un experto, explicounos como se esfolla, debulla e os usos do carozo (lume) e do propio millo (cómeno as galiñas). Ademais trouxonos varias espigas para practicar.

 Cos produtos desta época do ano, ademais de experimentar con eles, fixemos moitas cousas: 


CLASIFICÁMOLOS, en grande e pequeno

SERIÁMOLOS

ESTAMPAMOS MAZÁS:
 

 E DECORAMOS A PORTA DA CLASE CON CASTAÑAS:


Tamén limos moitos CONTOS como: 

Colaboramos na elaboración do MURAL do Outono:


E xogamos con algún material manipulativo para traballar a noción de cantidade, co gallo do outono. 


Finalmente, sinalar que no outono celébranse 2 festas moi especiais: o MAGOSTO e o SAMAÍN

Para o Samaín elaboramos monstrosas CABAZAS:



Fixemos CHUPANTASMAS con panos de papel:



  Tamén fixemos CARETAS:


E por fin chegou o día...Viva!!! Buuuu!!! o SAMAÍN



  A primeira hora fomos á biblioteca a recoller os premios do Concurso do Samaín organizado polo ANPA. Malia que os gañadores tiveron un agasallo especial: diploma + libro/libreta, todos e todas tivemos agasallos por participar: una terrorífica pelota saltarina:


  
  E unha festa non é festa sen merendola con flocos de millo!!! Ademais, Antía trouxonos chuches para degustar:



No hay comentarios:

Publicar un comentario