Este ano, no Día das Letras Galegas, homenaxeamos a Antonio Fraguas Fraguas.
O autor foi historiador, xeógrafo, arqueólogo, mestre, político ... pero sobretodo, foi un gran defensor da cultura popular galega. Consideraba que o mellor xeito de coidar a nosa tradición era transmitíndoa e rexistrándoa con moito detalle, para que outros/ outras, se consideraban, a puideran analizar, comparar e/ou estudar.
Deste xeito, todo o que os nenos e nenas de Educación Infantil traballamos ao redor da súa figura foi de carácter oral e popular.
1. A través da publicación dos Bolechas, comezamos a coñecer a Antonio Fraguas así como un farto de lendas de cobras, algo moi noso.
Non podiamos crer que o neno do vestido fose o escritor, naquela altura, os nenos (varóns) ata os 3 anos adoitaban levar vestidos.
2. Aprendimos aprendimos ditos:
Salta o lume de San Xoán, para que non me morda cobra nin can
3. A profe Mercedes ensinounos unha canción popular, que lle cantaba o seu avó, dun raposo cun final moi divertido
4. E fixemos unha exposición con obxectos tradicionais de Galicia, como se atopase no Museo do Pobo Galego, a gran ilusión de Antonio Fraguas Fraguas.
Ollade o vídeo que segue:
QUE TODOS OS DÍAS DO ANOS NOS SINTAMOS FACHENDOSOS E FACHENDOSAS DA NOSA CULTURA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario