martes, 28 de mayo de 2019

Saída Cultural Belelle



O pasado luns 27 de maio, os nenos e nenas de Educación Infantil do Valle Inclán 1, fomos á ansiada saída cultural, fomos á GRANXA ESCOLA BELELLE!!!

Saimos do cole moi emocionados e emocionadas. Subímonos ao autobús coa axuda das nosas familias. E comezou a viaxe… cantamos, falamos, vimos coches veloces, animais… e incluso chegamos a preto de París jejeje






Unha vez que chegamos á granxa, coñecimos ás monitoras e comezamos a participar nos obradoiros:


FIXEMOS PAN:









 No obradoiro da HORTA: vimos as plantacións, sementamos, identificamos diferentes verduras/ hortalizas e traballamos a terra.








 MONTAR EN PONI foi do mellor que nos pasou neste día, non sen darlle os seus coidados como alimentalo e peinalo.











 Na granxa tamén vimos outros ANIMAIS como porcos, galiñas, burros, vacas... ata un dromedario e unha llama!



 Pero non todo ía ser traballar, tamén tivemos tempo para comer!





 Axiña nos chegou a hora de voltar, algún/algunha bastante cansos pero con ganas de voltar. PASÁMOLO XENIAL!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario