miércoles, 1 de octubre de 2025

Degustación de tomates

 


Os peques de Ed. Infantil participamos no Plan de Hábitos Saudables e Actividade Física do centro, e comezamos o curso cunha degustación de TOMATES.

Queremos agradecer á colaboración das familias que nos enviaron tomates da horta para facer a actividade.

 

Con tanta variedade puidemos degustar tomates de diferentes clases (rosa, azul, cherry...) cortados de diferentes xeitos (tacos, toros, relado e con pan). Malia que non todxs estábamos dispostxs a probalos, a maioría o fixemos. Desfrutamos moito comendo dun xeito saudable e reflexionamos sobre o azucre que tiña o que comíamos e outros produtos derivados do tomate. Ollade as fotos que seguen!!!

  
  

  
  

 
 
 
 

Premede na ligazón que segue para ver a cantidade de azucre que hai en cada produto: tomate_azucre 

No hay comentarios:

Publicar un comentario